Mazurcas de Noró - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (NORÓ, 2018)

Mazurcas de Noró (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre)

Hei de cantar, hei de rir-e,
hei de ser muller aleghre,
hei de manda-la tristesa
para o demo que a leve.

Ei veñen, ei veñen,
ei veñen, ei van.
Eses bailadores 
de donde serán?

Quen che dixo, quen che dixo
que eu lavaba no regheiro?
Conosinte no cantar,
seghinte polo carreiro.

E que foi que foi? 
Que había de ser?
Bailei a mazurca 
pra te coñecer.

Carballo verde do monte
augha fría non consente.
O que ha de falar comigho
ha de falar para sempre.

Ei veñen, ei veñen…

Se tivera un amor firme
moito ll’ había querer-e
pero os amores d’ aghora
son de levar e traer-e.

E que foi que foi …

(coda)
Fun baila-la mazurca para olvidarte
e os meus ollos non fan máis que buscarte
por todas partes. "

  • No hay puntuaciones ¡sé el primero añadir una!